18-nov-2007
18-oct-2007
10-oct-2007
FiN DO MIVICO 07





Pois para
moitos por fín, para outros ate o ano, para uns menos mal, e para todos
noraboa...
O único que queda destas cousas son fotos, porqué por moito que
fales, escribas ou digas non hai nada mellor que unhas fotos que ilustren o que
foi esta I edición do MÍVICO. Os obradoiros, as proxeccións, os concertos, a
festa, os amigos... multitude de cousas que pasaron e que non queremos deixar
atras. Seguiremos en contacto, unha aperta grande a todos.
Publicado por MÍVICO en 1:33 PM 0 comentarios
08-oct-2007
GAÑADORES MIVICO 07
PREMIADOS MÍVICO 07
I Mostra internacional de videocreacions do
Condado
Premio Zumballe o mellor documentario
Ainda há pastores?
Dirección: Jorge Pelicano
Premio á mellor curtametraxe:
For(r)est
in the des(s)ert
Dirección: Luiso Berdejo
Premio á mellor
videocreación:
La gallina ciega
Dirección: Isabel Herguera
Premio á
mellor videocreación Galego-portuguesa
Carta dun Domingo pola
tarde
Dirección: Lara Bacelo
Publicado por MÍVICO en 9:19 AM 0 comentarios
05-oct-2007

No MÍVICO 07 non
estamos todos tan pillaos como parece.
e moito menos non somos "fillos
intelectuais" de nadie como dice por ahi alguén que se lle caeu a pluma o chan e
cando se levantou deu un jolpe na cabeza...
Publicado por MÍVICO en 1:30 PM 2 comentarios
Premios MIVICO 07

PREMIO A MELLOR
VIDEOCREACIÓN 400€
PREMIO A MELLOR CURTAMETRAXE 400€
PREMIO ZUMBALLE O
MELLOR DOCUMENTARIO 400€
PREMIO DO PÚBLICO A MELLOR VIDEOCREACIÓN
GALEGO-PORTUGUESA 400€
Todos os premiados recibiran os Miviquiños como trofeo
do Festival MÍVICO 07
A entrega de premios celebrarase o sábado día 6 ás
22.30 no auditorio de Ponteareas
Publicado por MÍVICO en 12:09 PM 0 comentarios
Estamos en marcha


Pois
arricar non foi para nada doloroso, todo o contrario, os nervios esfumaronse,
permitironnos traballar e disfrutar deste primeiro día. Un exitazo a estrea de
"Conversas con Deus" se alguén se merecía algo era Turi, e onte o vimos contento
e disfrutando de todos aqueles aplausos. A xente respondeu a chamada do Mívico
07 e criticou os traballos que alí poideron ver... e ata tivemos alfombra "azul"
para a estrea. ¡E canta xente estivo traballando para a ocasión!, Cati, Mari,
Diego, Dami, Sevas, Xani, Rober, Adri, Yanara, Sonia, Marcos, Cuco, Alex, Luis,
Iago, Gabi, Pablo... Que seriamos sin eles...
Pois hoxe mais, e tanto. Por si
non nos chegaba coas duas sesions (S3; S4) pois ala, concerto!!!!. Pois sí
concerto no pub FLOWERS do grupazo portugues SMARTINI, esto será as 00,30,
música ao vivo, como ten que ser. Esperamos encontrarnos polas proxeccións ou
polo concerto, e sobre todo esperamos pasalo ben. unha aperta
Publicado por MÍVICO en 9:01 AM 0 comentarios
30-sep-2007
Inaguracion MIVICO 07

Conversas con Deus´ inaugura a I Mostra Internacional de
Videocreación do Condado
28-09-2007
A estrea do documental
experimental Conversas con Deus, da directora de Mos Lara Bacelo, abre o xoves 4
de outubro a partir das 19h00 as portas da I Mostra Internacional de
Videocreación do Condado. A directora propón neste traballo experimental un
repaso pola vida e a traxectoria vital do poeta ponteareán
Pastor.
Así o deu a coñecer a organización na presentación oficial
para medios de comunicación que tivo lugar esta mañá no MARCO.
No acto
presentouse ademais a programación, que pivota sobre tres pés fundamentais: a
videocreación, a música e os obradoiros. Durante os tres días que dura o
festival, pasaranse no auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas ao redor de 50
traballos procedentes de diversos países do mundo.
Presentáronse ademais
os "Miviquiños", os deseños dos premios que se entregarán aos
gañadores.
Fonte: Axencia audiovisual galega
Publicado por MÍVICO en 12:16 PM 0 comentarios
28-sep-2007
Ollo!!!! Os lobishomes da noite




Esta é unha mensaxe
de advertencia, si estas noites que veñen, te atopas cun lobishome da noite,
tranquilo..., pero ten cuidado, eles están facendo o seu traballo. solo terás
que invitalo a unha birra para que te deixen en paz. Non os molestes demasiado,
pagalle a cervexa, dille o típico de que cartel máis bonito vos quedou, e
pirate, non mires hacia diante, os lobishome sempre van de cara. Por certo, o
rapaz do Photoshop que se apunte a un curso!.
Publicado por MÍVICO en 2:24 AM 1 comentarios
27-sep-2007
Rolda de prensa

A falta dunha
semana para o arranque do festival, hoxe tivemos a rolda de prensa de
presentación ós medios de comunicación, nela, entre outras mentiras, tamén se
falou da estrea do documental que presentará en exclusiva no MÍVICO 07, a
mosense Lara Bacelo "Conversas con Deus" sobre a vida de Pastor, poeta
pontearean. Deronse a coñecer o contido dos obradoiros preparados para o sábado
día 6. O primeiro deles será o de "Música electrónica", obradoiro impartido por
Alex Mera e Iago Martinez, dous menbros do Colectivo Oruga. Nel poderemos
aprender dos seus trucos á hora de facer música en directo con distintos
softwares e diversos aparellos como o "electribe" ou o "kaos pad". A
continuación e despois de tomarnos un aperitivo, daremos paso o seguinte
obradoiro "Videocreación en directo", desta vez o encargado de impartilo será
Miguel Seoane, artista multimedia vigues autor, entre outras cousas, do software
Perrogato v.1.0
Contido:
PERROGATO v.1.0 é un software para o
tratamento de video en tempo real desenvolvido no entorno
MAX.
Esencialmente consta de duas canles de video independientes (A e B).
En cada unha destes canles pódense cargar 5 clips de video e unha cámara, a
canle A tamen dispón dun xenerador de texturas.
En cada canle pódese
controlar a velocidade, modo de loop, brillo, saturación, contraste e algúns
efectos de video.
A mestura das canles podese realizar por fundido ou por
croma (clickase a cor elexida para o croma directamente na imaxe que estea
monitorizada na canle A).
Tamen dispon dun "tap" para regular automáticamente
o comenzo a tempo de cada loop ou os cambios no xenerador de texturas (para
utilizalo só hai que percutir o tempo desexado na letra "z" do teclado do
ordenador ou teclear o tempo en milisegundos).
Os clip de video poden ser
"disparados" sinxelamente, porque cada un está asociado a unha tecla. Tampouco é
complicado cargar novos clips sin necesidade de colapsar o programa, simplemente
se arrastra dende a carpeta que conteña o video ata a vista previa do
clip.
PERROGATO v.1.0 funciona en tempo real con unha latencia
imperceptible, é moi estable incluso despois de estar funcionando a pleno
rendemento durante muitas horas e ofrece un espectro de posibilidades moi amplo
para o vj.
Publicado por MÍVICO en 6:31 PM 0 comentarios
24-sep-2007
Itinerancia Ponteareas




Pois qué mellor sitio
para acabar esta primeira parte do festival que en Ponteareas, o dia acompañaba
e que mellor xeito de comezar a noite con un pouco de cinema experimental na
rúa. A xente acudiu a chamada do MÍVICO 07, e este evento intentou responder as
expectativas. Proxectaronse traballos dispares como "El gran Zambini" ou "I.T",
videocreación da realizadora Ana Santos. Somentes queda recordar que o festival
vai a realizarse os días 4, 5 e 6 de Outubro no auditorio de Ponteareas.
Esperamos contar coa presenza de moita xente tal e como sucedeu nos tres días da
itinerancia. Unha vez máis, grazas a todos.
Publicado por MÍVICO en 2:12 PM 2 comentarios
23-sep-2007
Itinerancia Mondariz Balneario




Pois a nosa segunda
parada levounos ata Mondariz Balneario onde o público presente puido disfrutar
da proposta deste MÍVICO 07. Un pobo tranquilo convertido en vila termal que
onte foi asaltado con respeto polos traballos participantes do
festival.
Poidose ver "2050 How soon is now? pertencente a sección Zúmballe,
así como outros traballos como "Choque", "Eramos pocos" ou "Notamotof", este
ultimo do ferrola Rubén Coca. Ademáis de algunha videocreación da sección
oficial.
Mondariz Balneario acolleunos cos brazos abertos, a xente respondeu
á chamada do MÍVICO 07, e nos encantados que estivemos de pasar alí un bo rato,
ainda que apretara o frio. !Somos uns valientes...!
Grazas a Severino pola
paciencia con nos e por suposto a todo o equipo do MÍVICO: Mari, Dami, Diego,
Alex, Xani, Noe, Luis, Rober, Iago, Sevas, Gabi, Laura, Cati, Cuco... Sería
complicado levar esto adiante sen a vosa axuda-.
Publicado por MÍVICO en 12:57 PM 2 comentarios
22-sep-2007
Arrincaron as itinerancias





Pois unha moi boa
experiencia a do Bar Patos, cada vez que imos alí, tratannos con moito cariño, e
iso agradecese. Por non falar do ben que se cea acompañados da música dos Miñor
Swing, o lado da praia, con unha lua espectacular, que mais queremos, que
estivera unha noite de moito calor... Sabemos dende nenos que todo non se pode
ter...
Pois arrincamos as itinerancias do MÍVICO 07, propoñendolles a xente
un menú variado consistente en:
apetitoso primeiro plato coa proxección de
MAQUINA curtametraxe de Gabe Ibañez, que non entra a concurso, un luxo contar
con traballos de tanta calidade, seguimos co traballo de Eva Drangsolt "All
Shall Be Well", unha critica o pasotismo dos estamentos mundiais ante conflictos
globais, (sección oficial) e con uns pinchos videocreativos da man Elí Martín co
seu traballo ROJO que formaba parte desta primeira itinerancia. Rematamos a
parte videocreativa con CALIDOSCÓPICA de Lara Bacelo e THREE BILLION ELECTRON
VOLTS de ID:Mora pertencentes os dous a sección competitiva do festival. Como
apetitoso postre, o público ali presente poido disfrutar do documentario,
MIRANDO EL MUNDO AL REVES de Marta Pujol, un repaso a traves do grupo CHE SUDAKA
do panorama musical e cultural, e do estado das cousas por onde eles habitan.
Esa foi a nosa proposta para esta primeira itinerancia. A xente disfrutou
dela, e nos contentos que estamos.
bicos pa tos...
Publicado por MÍVICO en 10:05 AM 0 comentarios
19-sep-2007
Bonitacamiseta


Pois este evento
xa ten camisetas entre outros souvenirs, a un prezo razoable, tan so 10€
se
queres podes facer a tua reserva de talla e modelo a traves do noso
mail
mivico@quadraproducións.com
Tan so indicanos o seguinte:
¡Quero
unha camiseta, coño!!!
Temos as laranxas de tío
temos en fucsia de
tía
¡Que nolas quitan das mans!!!!
Oscar Pereiro (Ciclista) e Charly
Dominguez (Los Suaves) xa teñen a súa.
Publicado por MÍVICO en 2:20 PM 4 comentarios
12-sep-2007
Concertos MIVICO 07

.jpg)
O PROJECTO
SMARTINI EMERGIU EM 2002, ALGURES ENTRE BRAGA E GUIMARÃES, NA VILA DE CALDAS DAS
TAIPAS. DERIVADOS DE PROJECTOS JÁ EXTINTOS, O SOM APRESENTADO É ASSUMIDO COMO
UMA ESTRUTURA MUSICAL QUE DESCREVE PAISAGENS, MOMENTOS E QUE SE BASEIA NA
INTUIÇÃO MOMENTÂNEA PRODUZIDA ATRAVÉS DE RASTOS MELÓDICOS ALTERNADOS POR
MOMENTOS DE PALPITAÇÕES INCONTROLÁVEIS E ELECTRIZANTES.
VENRES 5 OCT PUB
FLOWERS (PONTEAREAS)
Munidos de projecções vão aparecer os Musgo, um
quarteto portuense que parte de influências dos anos 70/80 para a elaboração de
um registo de rock alternativo, cujos temas alternam entre o punk rock e o
depressivo. Os Musgo encontram-se já em apresentação do seu primeiro disco de
originais - Lobotomy. Marcados por uma forte componente electrónica, os Musgo
têm tudo para ter lugar importante dentro dessa corrente musical, seguindo as
pisadas de sucesso dos X-Wife.
SABADO 6 OCT PUB SALON PARROQUIAL
(PONTEAREAS)
Publicado por MÍVICO en 3:59 PM 0 comentarios
Programacion MIVICO 07
XOVES 4 OCT
18,00 ROLDA DE PRENSA
PRESENTACIÓN MIVICO
07
19.00 Proxección documental
ESTREA DOCUMENTARIO
19.30
Proxección curtametraxes
Cartoons (Galiza)
Midori
(Euskadi)
Empantanados (Galiza)
Sarean (Euskadi)
20,00 Proxección
videocreacións
falling down (Noruega)
O mundo Magritte (Galiza)
Adeus
literatura (Galiza)
Carta dun Domingo pola tarde (Galiza)
Sinfonia humana
(Madrid)
20,30 PINTXO E BIRRA Sesión dj´s
21.30 proxeccións
videocreacions
Abstract love (Catalunya)
Sorrow (Catalunya)
Lucid lunch
(Nova Iorque)
El camino del espejo (Catalunya)
All Shall Be Well
(N.R.M.13) (Noruega)
22,00 Proxección ZÚMBALLE
How soon is
now?
(Cambio climatico, o reto do século XXI) (Galiza)
23.00 PECHE
XORNADA
VENRES 5 OCT
18,00 Proxección
ZÚMBALLE
CRONICAS DE PIZARRA E XIZ (Galiza)
18,30 Proxección
curtametraxes
Las dos vidas de Ernesto Pena (Galiza)
Xan, a despedida
(Galiza)
19,00 Proxeccións videocreacións
Longo sendeiro de pedra
(Galiza)
Las vírgenes mutantes (en el inframundo) (Madrid)
Las virgenes
mutantes (que sepas que la guerra es buena) (Madrid)
Hellboy vs Mimosin
(Salamanca)
19,30PINTXO E BIRRA Sesión dj´s
20,00 Proxeccións
curtametraxes
La habitación contigua (Madrid)
Promesa (Galiza)
Pago
para ver (Portugal)
El relevo (Euskadi)
20,30 Proxeccións
videocreacións
X3 (This is not NY) (Galiza)
Audition (Nova
Iorque)
lights out (Noruega)
Cirugía (Euskadi)
Calidoscopica
(Galiza)
Three billions electrón volts (N.R.M 18) (Valencia)
21,00
PINTXO E BIRRA Sesióndj´s
22,00 Proxección ZÚMBALLE
AINDA HA PASTORES?
(Portugal)
00.30 CONCERTO PUB FLOWERS
SMARTINI
(Portugal)
SÁBADO 6 OCT
11.00 TALLERES MÚSICA
ELECTRONICA
12.30 TALLERES CREACIÓN VISUAL
18,00 Proxección
ZÚMBALLE
JEDN (Galiza)
18,30 Proxeccións videocreacións
O
desencontro (Galiza)
Desidia (Salamanca)
Bulimia (Madrid)
Impressâo
(Portugal)
Joselito dictatorshit (Salamanca)
19,00 Proxección
curtametraxes
O Ladrón de bonecas (Galiza)
Los ojos de Alicia
(Euskadi)
Making up (Madrid)
For(r)est in the des(s)ert
(Euskadi)
19,30PINTXO E BIRRA Sesión dj´s
20,30 Proxección
ZÚMBALLE
MIRANDO EL MUNDO AL REVES (Catalunya)
21,30 Proxección
videocreacións
The Oslo Phone Book (Noruega)
Rompiendo nubes
(Madrid)
La gallina ciega (Euskadi)
I.T (Reino Unido)
Ecos
(Galiza-Reino Unido))
22,00 PINTXO E BIRRA Sesión dj´s
22,30
ENTREGA DE PREMIOS
00.30 CONCERTO SALON PARROQUIAL
MUSGO
(Portugal)
Publicado por MÍVICO en 9:55 AM 0 comentarios
06-sep-2007
Rectificacions

Pois como esta era unha pre-selección, estamos a tempo de facer
algúns trocos, uns por obligación, e outros por simple despiste.
No apartado
de curtametraxes caese da lista a curta portuguesa " Deus nâo quis" por causas
axenas a organización do festival.
En canto ós despistes temos que engadir no
apartado de videocreacións dous excelentes traballos da noruega Eva Drangsholt
que quedaran olvidados no máis fondo de un armario. En fin, cousas que pasan. Os
traballos en cuestion son:
"All Shall Be Well?" Traballo que cuestiona a
irónica actitude dos estamentos ante conflictos globais.
"The Oslo Phone
Book" é unha canción onde a letra está tomada da guía de telefonos da cidade de
Oslo.
Tamén contarvos que na primeira itinerancia do MIVICO 07 a realizar no
Bar Patos o día 21 de Setembro Venres, poderemos disfrutar da actuación do grupo
Miñor Swing, autentico swing/jazz que nos chega dende o Val Miñor.
Esperamos
que disfrutedes de esta xornada de apertura do MIVICO 07 no Bar Patos.
Publicado por MÍVICO en 3:35 AM 0 comentarios










